Entrevistas
19 de setembro de 2014
Presentación dos cursos federativos de adestrador de Fútbol Sala e Fútbol no IES Monte Castelo de Burela.
Fotografía: Héctor Manasé
Na mañá de hoxe, mércores 24, presentouse no IES Monte Castelo de Burela os cursos federativos de Fútbol Sala e Fútbol da Federación Galega de Fútbol que se impartirán no centro educativo. No acto de presentación estiveron presentes o subdirector do IES Monte Castelo, Alfonso Iglesias, o directivo do CD Burela FS Pescados Rubén, Marcelino Luna, José Luís Sáez Castro, directivo do comité galego de Fútbol Sala da FGF e profesor da escola de adestradores, e Alfonso Mera, membro do Comité Galego de adestradores da FGF que tamén é profesor da escola.



A Escola de Adestradores abre o periodo de matriculación para os cursos de nivel (1, 2 e 3) de Fútbol Sala. O prazo acabará o día 13 de outubro. Tamén están a tempo aqueles interesados en realizar o curso de “Instructor de Fútbol Base Nivel 1 – UEFA B”. Más información en: www.futgal.es

A Federación Galega de Fútbol pon en marcha varios cursos de adestrador de Fútbol Sala en Burela, Santiago e A Coruña. Os interesados en realizar o curso de Nivel-1 poden abonar o importe da matrícula en tres prazos. No momento de realizar a inscripción pagarán 350 euros. Os cursos impartiránse no IES Monte Castelo de Burela e en sedes por determinar tanto na Coruña como en Santiago de Compostela. O curso comezará o día 20 de outubro a partir das 20.00 horas e durará ata xuño do 2015, con luns e mércores como xornadas lectivas, entre as 20.00 e 23.00 horas.

Para máis información comunicarse coa Escola Galega de Adestradores (981.120.048) e/ou co responsable federativo do comité de adestradores da FGF, Alfonso Mera Río (670.321.857).

Tamén se pon en marcha un curso de Nivel 2 coas mesmas características que o anterior salvo o prezo da matriculación. Para rematar, a Federación Galega de Fútbol tamén pon en marcha a través da Escola de Adestradores un curso de Nivel-3, que se celebrará en principio, únicamente en Burela.Calquera destes cursos non se celebrarán si os alumnos matriculados baixan de 15 persoas. Nese caso distribuiranse os alumnos noutros cursos e/ou se devolverá o importe da matriculación.

Máis información, www.futgal.es

VER DOCUMENTACION ADXUNTA
Documentos relacionados:
195 KB
NIVEL 1 FÚTBOL SALA
161 KB
NIVEL 2 FUTBOL SALA
165 KB
NIVEL 3 FÚTBOL SALA
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores