Entrevistas
29 de setembro de 2014
Juanlu Alonso galardoado co Premio Ramón Cobo 2013/2014
Fotografía: Marián García Mesa www.rfef.es
O adestrador do Burela Pescados Rubén foi galardoado co Premio Ramón Cobo da Real Federación Española de Fútbol da tempada 2013/2014. A Comisión dos Premios Ramón Cobo, co visto bo da Xunta Directiva do Comité de Adestradores, decidiu os galardoados cos Premios da Tempada 2013/14 nas distintas categorías.

A entrega de premios levarase a cabo o vindeiro martes 7 de outubro ao término dun xantar que se celebrará (a falta de confirmación oficial) na Cidade do Fútbol de Las Rozas ás 14.30 horas e que en principio contará coa presenza do Presidente da RFEF, D. Ángel Mª Villar, o Seleccionador Nacional de Fútbol, D. Vicente do Bosque, o Seleccionador Nacional de Fútbol Sala, D. José Venancio López entre outras personalidades. Os Premios Ramón Cobo creáronse en 2011 en honor ao que fose Presidente do Comité de Adestradores da RFEF e co obxecto de ter un recoñecemento con aqueles adestradores que destaquen por unha actitude concreta ou por un comportamento xeral ao longo da tempada.

Os Galardonados son os seguintes Adestradores:

1ª División Fútbol Sala; D. JUAN LUIS ALONSO (CD Burela FS Pescados Rubén)
1ª División; D. ERNESTO VALVERDE (Athletic Club)
2ª División; D. FERNANDO VÁZQUEZ (RC DEPORTIVO SAD)
2ª B (Grupo 1); D. FRANCISCO FERNÁNDEZ (Real Racing Club)
2ª B (Grupo 2); D. ASIER GARITANO (CD Leganés SAD)
2ª B (Grupo 3); D. JOSÉ ANTONIO SELIGRAT (Club Lleida Esportiu)
2ª B (Grupo 4); D. LUIS ÁNGEL CÉSAR (Albacete Balompié SAD)
2ª Div. F. Sala; D. ÓSCAR GARCÍA POVEDA (Elche FS)
Fonte: www.rfef.es


Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores