Entrevistas
16 de marzo de 2015
O mesón viveirense A Fonte tamén é laranxa

O Mesón A Fonte de Viveiro súmase á filosofía laranxa apostando na tempada 2014-15 polo patrocinio dunha das súas veciñas, a ala laranxa Lara Balseiro. A xogadora acudiu ao establecemento, acompañada polo presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, para darlle as grazas ao seu propietario, José Emilio Fernández Fernández, polo apoio que lle está brindando.


O local hostaleiro, sito na cidade do Landro (Lodeiro, número 4), é unha das referencias gastronómicas da zona con especialidades como polbeira e parrillada. Outro dos atractivos para os comensais que se achegan habitualmente ata A Fonte son os menús do día, que completan a súa carta diaria con menús especiais a prezos moi competitivos.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores