Entrevistas
17 de marzo de 2015
Iago Míguez, co selo de confianza de 3A Consultores

Iago Míguez visitou as renovadas e elegantes oficinas de 3A 2020 Consultores, empresa de Burela que esta tempada patrocina o xogador do Burela FS Pescados Rubén. 3A Consultores é unha das consultorías de referencia da Mariña (avenida Arcadio Pardiñas, número 137, galerías 3º dereita) e conta cunha experiencia de case 16 anos nun sector que “é moi dinámico xa que os cambios normativos son constantes e debemos facilitar ao máximo aos nosos clientes que poidan atender o seu negocio. É unha das nosas máximas prioridades, que os clientes deleguen e confíen en 3A Consultores para realizar un asesoramento eficaz que lle permita ao empresario dedicarse a rendibilizar a súa empresa con maior eficiencia” indicou o economista Antonio Dorrego, socio fundador de 3A Consultores xunto con Rosa Rivas, que leva os asuntos laborais do despacho burelense que asesora ao CD Burela FS Pescados Rubén case dende os seus inicios.


A relación entre o Burela FS Pescados Rubén e 3A Consultores viuse reforzada esta tempada co patrocinio individual de Iago Míguez xa que “nos identificamos como empresa co seu estilo de xogo; é dinámico, transmite confianza e tranquilidade ademais da experiencia que xa ten no deporte de elite a pesar da súa xuventude” comentou Antonio Dorrego. Pola súa banda, Rosa Rivas precisou que “a todas esas calidades únese que Iago Míguez é o estandarte da canteira laranxa, un dos valores principais do club. Estamos encantados coa imaxe que transmite e os valores que representa”. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores