Entrevistas
23 de marzo de 2015
Alain Afflelou de Burela tamén é laranxa

O prometedor canteirán do Burela FS Pescados Rubén Carlitos visitou o establecemento de Alain Afflelou Óptico en Burela, acompañado polo presidente laranxa, Manuel Blanco, e a directiva Alba Vila, para agradecerlle á súa xerente, Marta Basanta, o compromiso adquirido esta tempada apostando polo patrocinio do xogador burelao.


Dende a súa inauguración, Alain Afflelou de Burela colabora co club mariñán. Do mesmo xeito que en tempadas anteriores, a óptica de Marta Basanta, gran seguidora do fútbol sala laranxa, ofrece descontos aos socios do CD Burela FS Pescados Rubén e tamén, como cada ano, suculentas ofertas como o 3x1 de Tchin Tchin: por só 1 euro máis podes comprar un segundo par de lentes e un terceiro para ti ou para quen ti queiras!!


Ademais en Alain Afflelou Burela poderás gozar gratuitamente, durante todo o ano, de 1 mes de proba nas túas lentes de contacto, adaptación de lentes de contacto, o segundo par de lentes progresivos da mesma categoría que o primeiro unicamente por 1 euro a maiores.... e moitas máis ofertas que podes atopar na óptica situada en Rosalía de Castro, 25 de Burela. Non o dubides e consulta a túa mellor opción!!

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores