Entrevistas
13 de xullo de 2015
L2 Fisioterapia tamén é Laranxa

O directivo do CD Burela FS Pescados Rubén Marcelino Luna visitou as instalacións de L2 Fisioterapia (Rosalía de Castro, número 37, Burela) para agradecer á súa copropietaria, Matilde González, os servizos prestados desde hai xa un quinquenio tanto aos equipos sénior de Primeira División como ao alumnado da escola laranxa.


Desde xullo de 2010, Matilde González e Juan Eiroa dirixen a clínica burelá, que conta con atención nas especialidades de fisioterapia xeral, osteopatía, acupuntura, drenaxe linfática e readaptación deportiva, coa recente incorporación de ecografía. Coinasa Loureiro FS, Hockey Liceo da Coruña ou Rácing de Ferrol son outras das entidades deportivas que avalan a experiencia destes dous profesionais da fisioterapia, iniciada xa en 2006 na cidade herculina.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores