Entrevistas
13 de maio de 2016
Peque, campioa con España

A pichichi laranxa reincorporouse con moitas ganas aos adestramentos co grupo o mércores, co trofeo do VII Torneo Internacional do Día da Vitoria de Moscova. A 7 burelista, que anotou 2 dos tantos que lle deron o liderado en Navalcarnero (2-3), tamén deixou o seu sinal goleador coa Vermella, con dobrete ante Polonia (0-9) e 1 diana fronte a Rusia (6-5).


“Volvo moi contenta polo trofeo, pero tamén cansa porque coa selección sempre estamos ao 200%, non paramos; agora só quedan 4 partidos” explicaba entre risas Peque, que xa estaba desexando volver coas compañeiras: “Tiña moitas ganas de estar outra vez co equipo; perdín o grande ambiente da semana pasada logo de conseguir a primeira praza. Esta semana xa foi máis tranquila, con toda a concentración posta en Roldán, logo da gran tensión con Ourense ou Navalcarnero”. A internacional sumouse ás palabras de Jozi cun aceno á afección: “Xa demostrou en Madrid que é a mellor do mundo, ninguén pode cuestionalo; sabemos que van estar aí para axudarnos ata o final”.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores