Entrevistas
23 de xuño de 2016
Maite: "Un millón de grazas Burela"

E como diriades vós: Marcho que teño que marchar. Je, je, je... É imposible resumir nunhas liñas os 5 anos tan marabillosos que pasei aquí pero si me gustaría agradecer a todos os que axudastes a cumprir os nosos soños.


Grazas a todos os nosos patrocinadores que tanto apostades por nós, sobre todo a Pescados Rubén e Galipizza, e tamén ás institucións que apoian cada ano o proxecto deportivo do noso club. Sen vós nada sería posible.


E agora espero non esquecerme de ninguén da miña pequena familia e se é así perdón de antemán.


Grazas á familia Poeta: Ana, María, non deixedes de sorrir, aos meus papis pataqueiros, jeje..., qué vos vou a dicir que non saibades e grazas en especial a ti, Avoa, por darnos tanto sen pedir nada a cambio. Pedrito e Inma, tardei en descubrirvos pero qué bonito foi; Monchito, desde o primeiro día ata hoxe non fixeches outra cousa que coidarme; as miñas tolas preferidas, as irmás Vila, jeje..., botarei de menos mandarvos calar para que me deixedes falar; Luis, grazas pola túa atención incondicional e a ti, Iago, polos teus consellos; Marita, non te esquezas da miña mensaxe cada sábado, eh!. Non sei como vos cabe tanto amor no peito, mil grazas familia.


E como non? Grazas a todas as miñas compañeiras durante estes anos porque tamén son as culpables de que eu medre como xogadora xunto con todos os meus adestradores. Gustaríame nomearvos a vós os dous, Lucas e Julio; espero e desexo que a vosa maxia non acabe este ano e que sigades enriquecendo as que se quedan e as que veñan co voso futsal.
Tampouco me esquezo daqueles, dos que non se ven pero que están aí, moitísimas grazas por ensinarnos que na vida hai valores que non se pagan con cartos.


Mil grazas a todos e cada un dos nosos afeccionados por facer brillar Vista Alegre cada sábado e por arrouparnos polos recunchos de España.


Xamais esquecerei as nosas “nenas”, o noso filial, que desde que forman parte da Familia Laranxa Vista Alegre soa distinto.


Eternamente agradecida por toda a vosa calor. Hoxe dígovos ata logo porque volverei para empaparme da vosa tenrura.


UN MILLÓN DE GRAZAS BURELA.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores