Entrevistas
19 de outubro de 2016
Petry:'Por primeira vez en tempada, en Lugo fomos equipo'
Foto: Prone Lugo FS

O Pescados Rubén Burela FS regresou onte da cidade amurallada co billete para oitavos de Copa do Rei logo de impoñerse por 3-5 ao Prone Lugo FS, de Segunda. “Por primeira vez na tempada fomos equipo, controlamos o partido; malia empezar perdendo soubemos seguir controlando o partido e esperar a que chegasen os nosos goles”, reflexionaba o 12 laranxa Bruno Petry. Os de Daniel Ibañes coñecerán o seu próximo rival o 25 de outubro.


“O Prone puido adiantarse nunha das súas primeiras ocasións claras, pero soubemos reaccionar” explicaba o autor do 1-2, a balón parado, no minuto 18, tras a iniciativa de Caique (minuto 15) para os lugueses e a igualada de Iago Rodríguez (minuto 17). Aínda que os locais puxeron as táboas segundos despois, o Peiscados Rubén volveu apropiarse do marcador na recta inicial do segundo acto con Bellvert (minuto 22) en contragolpe e ampliaron Iago Rodríguez (27), en xogada individual, e Hélder (28). Con xogo de cinco, os de Manuel Vázquez crearon perigo pero tan só materializaron o 3-5 (minuto 30), de novo de Caique. “Foron moitos minutos con porteiro-xogador, sufrimos algo pero é algo normal con 5 para 4; soubemos defender e conservar o resultado” aseguraba Petry.


O equipo de Daniel Ibañes descansará hoxe para volver mañá ao traballo de liga, con outro derbi irmandiño por diante, o do venres fronte ao Santiago Futsal (Vista Alegre, 21.00 horas), que caeu onte de Copa do Rei fronte ao Noia FS (3-2). “Teño moita ilusión de facer outro bo partido; é importante comezar a seguir puntos para fortalecer a confianza e o ánimo do equipo” adiantaba Petry, facendo fincapé na complexidade do duelo galego: “Estará moi igualado, coma sempre. Xa nos vimos dúas veces en pretempada con vitoria para eles no Burela Bonita e para nós en Rianxo; por iso, porque nos coñecemos moi ben, o encontro do venres será aínda máis duro” explicaba o pivote, que recorre á concentración como clave da cita: “Se estamos ben de cabeza, con tranquilidade nos momentos máis inestables, temos moito do noso lado para gañar” puntualizaba o burelista.



Ficha técnica


Prone Lugo FS: Kelvin, Diego Núñez, Caique, Gilbert, Adrián, cinco inicial; tamén xogaron Nacho Pedraza, Luis Longo, Rengifo, Samuel, Óscar Iglesias


Pescados Rubén Burela FS: Miñano, Iago Rodríguez, Chano, Bellvert, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Isi, Petry, Renato, Hélder, Álex


Goles: 1-0, minuto 15, Caique; 1-1, minuto 17, Iago Rodríguez; 2-1, minuto 18, Petry; 2-2, minuto 18, Luis Longo; 2-3, minuto 22, Bellvert; 2-4, minuto 27, Iago Rodríguez; 2-5, minuto 28, Hélder; 3-5, minuto 30, Caique


Árbitros: Menéndez Nistal // Amor Vizoso. Amoestaron a Óscar Iglesias, Caique e Iago Míguez.


Incidencias: Partido correspondente a 1/16 de Copa do Rei disputado no pavillón municipal de Deportes de Lugo

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores