Entrevistas
2 de marzo de 2017
Cuco: 'Xuntos podemos conseguir que Burela siga en Primeira'

“Os xogadores notámolo moito. Estivemos falando durante a semana que este venres necesitamos o apoio da afección máis ca nunca. Xuntos podemos conseguir que Burela siga en Primeira” reflexionaba así Raúl García, Cuco, sobre a relevancia do próximo compromiso ligueiro do Pescados Rubén Burela FS, na xornada 23, a pouco máis de 24 horas para recibir en Vista Alegre ao Plásticos Romero Cartagena FS (venres 3, 21.00 horas).


O 21 laranxa, como o resto do vestiario, cre na fortaleza e no afán de superacion dun cadro disposto a todo: “O equipo está concienciado de que ten que gañar si ou si, aínda que sabemos que vai ser un partido complicado, coa presión de sacar os 3 puntos, sobre todo aquí, na casa. Non é nada doado esta situación; estamos traballando bastante ben e damos o máximo sempre, pero os resultados non nos están acompañando e isto inflúe en todo, no noso xogo sobre a pista e no noso ánimo. Malia iso, confiamos no noso traballo e en que os puntos cheguen axiña. Que mellor partido que o de mañá para facelo? preguntábase Cuco esperanzado e valorando a repercusión dun ansiado resultado positivo: “Para nós sería algo incalculable. Unha vitoria proporcionaríanos un subidón de moral incrible que reforzaría a nosa confianza e nos axudaría a saír dos postos de abaixo. O máis importante é conseguir puntos para recuperar toda a confianza e seguridade e seguir pelexando por novas vitorias”, concluía o madrileño.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores