Entrevistas
16 de agosto de 2017
Matamoros: 'O Burela Bonita vai ser un grande espectáculo'
O Torneo Burela Bonita, organizado polo Pescados Rubén co apoio do Concello de Burela, reunirá esta semana un cartel de luxo en formato cuadrangular coa presenza do Movistar Inter, Palma Futsal e Santiago Futsal, xunto ao anfitrión. "Estou desexando xa empezar cos amigables. O Burela Bonita vai ser un grande espectáculo. É un torneo duro, con rivais míticos de Primeira División, pero é unha magnífica ocasión para coñecer as sensacións do equipo" aseguraba un dos capitáns laranxas, Jorge Matamoros, con toda a súa ilusión depositada na estrea de pretempada: "Como os afeccionados, temos moitas expectativas depositadas neste proxecto e esperamos facer un bo ano. Non pode ter mellor cartel, van ser uns partidos moi esixentes pero a nós viranos moi ben para seguir mellorando".

Matamoros fai un balance inmellorable dos primeiros días de pretempada, baixo a dirección de Juanma Marrube, cunha grande adaptación das caras novas: "Foi unha primeira semana moi dura, con moita carga de traballo marcada tanto por Juanma como por Alfonso Mera. Este mes é moi esixente, sabémolo, para poder chegar nas mellores condicións ao comezo ligueiro. Eu atópome ben, traballando cómodo sen molestias no xeonllo. O ambiente é de moitas ganas e intensidade, tanto dos novos compañeiros coma do resto. Hai que ter ganas e ambición para pelexar por todo" explicaba o 10 laranxa.

Venres 18 de agosto

19.00 horas. Semifinal 1: Movistar Inter FS-Palma Futsal
21.00 horas. Semifinal 2: Pescados Rubén Burela FS-Santiago Futsal

Sábado 19 de agosto

19.00 horas. 3º e 4 POSTO: Perdedor Semifinal 1-Perdedor Semifinal 2
21.00 horas. FINAL: Gañador Semifinal 1-Gañador Semifinal 2
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores