Entrevistas
17 de agosto de 2017
Vadillo: 'Estamos moi contentos de volver ao Burela Bonita'

O Palma Futsal saltará mañá á pista de Vista Alegre no Torneo Burela Bonita cun proxecto liderado por Antonio Vadillo, que asume as rendas do equipo tras colgar o brazalete de capitán. Os insulares abrirán a cita na Mariña ás 19.00 hora con Movistar Inter nunha semana intensa de amigables, tras impoñerse a O Parrulo FS (0-5) e Santiago Futsal (0-7). “Estamos moi contentos de volver participar xa que é un torneo de moi bo nivel e no que ademais nos convertemos nun fixo en participar. Axúdanos moito a medrar como equipo en todos os aspectos, tamén nos vén ben a estas alturas de tempada para quitar un pouco a calor de Mallorca. Sentímonos moi ben tratados e estamos moi agradecidos ao club de Burela”, explicaba o técnico.



-Como está sendo a pretempada para Palma?



-A pretempada está marchando ben, cumprindo o noso obxectivo de ir asimilando os conceptos que estamos traballando e poñéndoos en práctica nos partidos e seguir medrando e mellorando cada día de adestramento e partido.



-Terán un duro test xa na semifinal, ante Movistar Inter Que partido espera?


-Espero un partido bonito. Somos dous equipos aos que nos gusta o balón e aínda que non esteamos obviamente á mellor altura de tempada como para afrontar un partido deste nivel de esixencia vainos servir para que sigamos na nosa liña de ir medrando e facendo as cousiñas que estamos traballando. Enfrontámonos ao mellor equipo dos últimos anos cunha grandísima calidade individual, cos mellores xogadores do mundo e colectivamente levan moito tempo traballando xuntos; iso nótase e ademais ten un dos mellores adestradores do mundo. Creo que é un partido para gozar, xogar ben e competir a un alto nivel para intentar gañar.



-Como ve o equipo que liderará Juanma Marrube esta tempada en Segunda División?


-Creo que teñen moi bo bloque para competir na nosa 2 División, teñen unha mestura de xogadores veteranos e mozos que pode ser interesante: xogadores de calidade, boa portería e xente con ganas de facerse un espazo no noso deporte. Ademais Juanma coñece á perfección a casa e a maioría de xogadores e iso pódelle axudar moito ao grupo. Sen dúbida, é un dos candidatos a subir e volver a 1 División aínda sabendo que será unha tempada dura.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores