Entrevistas
17 de agosto de 2017
Jesús Velasco: 'Espero ver o equipo a un alto nivel no Burela Bonita'

O campión de campións, Movistar Inter, estreará o seu calendario de amigables mañá no Torneo Burela Bonita. Jesús Velasco, considerado un dos mellores adestradores do mundo, ten moitas expectativas depositadas na cita para ver a adaptación das novas catro caras do cadro.


-Para Movistar, como para Pescados Rubén, o Burela Bonita será o primeiro test da pretempada, como chega o campión de campións á cita?
-Chegamos con moitos interrogantes porque é o primeiro partido que xogamos na pretemporada, con catro xogadores novos. Temos toda a base do resto do equipo e de todas as tempadas que levamos facendo moi boas. Somos optimistas e espero ver ao equipo a un alto nivel.



-Parécelle un bo cartel para estrear o calendario de pretempada?
-É un torneo interesante. Eu sempre quero ter partidos amigables de alto nivel. Creo que é un torneo que cumpre as expectativas que tiñamos desde o club, así que esperemos que saia todo ben, que se vexa un bo espectáculo e que se cumpran os obxectivos que levamos a este torneo.



-Mediranse na primeira semifinal, abrindo o torneo, a Palma. Que duelo se poderá ver na loita por un billete para a final?
-Espero que sexa un partido sen lesións, que a xente que vaia poida ver un bo nivel de fútbol sala. Pola miña banda ver os axustes novos que fixemos, ver a adaptación dos novos xogadores e ver o nivel de competitividade no que estamos agora mesmo.


-Teremos a ocasión de ver sobre a pista a algunha das caras novas do equipo?
- Creo que si, aínda me falta algunha sesión antes de xogar. En principio todos os xogadores están ben así que empezaremos a ir vendo os novos e os que non son tan novos. Van xogar todos e a minutaxe pois depende de cada un.



-Como ve o proxecto do Pescados Rubén en Segunda División?
-Ao estar noutro club non sei moi ben as expectativas que ten o Pescados Rubén, se ten intencións de ascender e volver á Primeira División ou facer unha tempada de transición. Por suposto que é un club co que temos moi boa relación e deséxolle todo o mellor e que cumpra obxectivos. Desde logo gustaríame velos de novo en Primeira División.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores