Entrevistas
17 de agosto de 2017
Santi Valladares: 'O público non vai saír defraudado do derbi do Burela Bonita'

O Torneo Burela Bonita será testemuño do derbi irmandiño, xa en semifinais, entre o Santiago Futsal e o Pescados Rubén Burela (venres 18, 21.00 horas) en Vista Alegre. O conxunto compostelán chega coa experiencia de pretempada xa con dous amigables, con vitoria ante o Ribeira de Piquín (3-5) o sábado pasado e coa derrota de onte ante o actual campión do Burela Bonita, o Palma Futsal (0-7). “Nestes momentos é un dos torneos de pretempada con mellor cartel a nivel galego. Nós estamos encantados de que nos inviten de novo un ano máis” aseguraba o técnico, Santi Valladares.



 -¿Cómo está sendo a pretempada para o Santiago?
-Estamos engrasando a máquina. Queda moito traballo que facer e o noso obxectivo está no primeiro partido de Liga en Navarra.



 -¿Que partido ofrecerán Santiago e Pescados Rubén no Burela Bonita?


-Todos os derbis entre Santiago Futsal e Burela ofrecen cousas distintas. O público non vai sair defraudado do partido do venres.



 ¿Como ve o proxecto que liderará Juanma Marrube esta tempada en Segunda División?
-Bastante teño que mirar na miña casa como para opinar sobre os demais. Pero o único que podo dicir é que Juanma é un gran adestrador, que vai facer de Burela Pescados Rubén un equipo competitivo. O meu desexo é que teñan unha boa temporada.
 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores