Entrevistas
4 de setembro de 2017
Pope: 'Quero seguir medrando, ter minutos e sentirme importante'

“Quero seguir medrando, ter minutos e sentirme importante no equipo” así de taxativo se mostraba outra das incorporacións do Pescados Rubén Burela FS para 2017-18, o catalán Sergi Orgillés Saiz, Pope (Barcelona, 1996), en plena pretempada e co 16 de setembro marcado xa en vermello na súa axenda (1ª xornada, en Valdepeñas, 18.15 horas).


“En xeral o balance de pretempada é bo, pero temos cousas que pulir. Vexo o equipo ben pero temos que ir aos poucos. Ata marzo non hai nada decidido, como di Juanma. Sabemos que empezamos forte, con Valdepeñas e ElPozo, para min dous dos rivais máis fortes da liga, e creo que será moi importante sacar estes partidos” falaba así o 14 laranxa do ansiado inicio de competición, na compaña do presidente, Manuel Blanco, e do directivo José Ángel Dovale.


“Nos últimos partidos creo que se viu unha evolución na circulación pero aínda temos que traballar a finalización. En Lugo estivemos algo estancados, movemos ben o balón pero erramos na chegada a porta. Fixéronnos bastante dano para as ocasións que tivo o Prone Lugo. Para min o empate foi excesivo” analizaba así o último compromiso amigable (3-3) o ala, cedido por Palma Futsal.


Noia, sábado 9


Os pupilos de Juanma Marrube volverán ter amigable con arrecendo a liga de Segunda, este sábado fronte ao Noia Portus Apostoli FS, o sábado (19.30 horas, municipal de Noia).


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores