Entrevistas
25 de novembro de 2017
Colacha: 'Sentinme moi cómodo coa Selección'
O andaluz José Antonio Guijarro Luna, Colacha, puido participar esta mañá na última sesión do Pescados Rubén Burela FS antes de medirse a Manzanares FS (sábado 25, 1815 horas), tras unha gran semana con España Sub-19. "Foi unha experiencia, de novo, moi bonita. Representar aselección sempre é un orgullo, agradezo esta nova oportunidade" explicaba o 9 laranxa, tras uns días moi intensos con dous amigables en Estremadura fronte a Francia, con pleno de vitorias para a Vermella, con protagonismo goleador de Colacha: "Sentinme moi cómodo, liquidamos os dous partidos, con 5-2 e 4-0, e ademais puiden participar en cada un cun gol" repasaba así a concentración o menciano, confesando tamén a súa ilusión por seguir tendo máis presenza co combinado español: "Estou moi contento, aínda que un sempre quere máis. No entanto, agora xa toca centrarse na liga porque mañá temos que sumar os tres puntos si ou si".

"Xa tiña ganas de volver ver aos meus compañeiros. Hoxe tivemos un adestramento suave e de estratexia. Sabemos que será complicado pero debemos estar concentrados" puntualizaba Colacha.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores