Entrevistas
28 de agosto de 2018
Peque: 'Temos de todo o necesario para gañar'
“Somos un equipo que temos de todo o necesario para gañar. Temos unha xogadora como Cilene, que para min é calidade pura, temos xente que traballa moitísimo e as incorporacións son moi boas”, así de contundente se amosaba Patricia González Mota, Peque (Madrid, 1987), arroupada polo presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego, no seu regreso ao Pescados Rubén Burela FS.

A ala-pivote volve á súa casa, tras dúas tempadas no futsal italiano (Ichnusa Sinnai e Cagliari), mantendo a súa esencia e talento gañadores: “Está todo sendo doado, xa coñecía o pobo e o equipo. A súa base non cambiou” recoñecía a 7 laranxa, chanceando, pero tamén deixando claras as súas metas: “Son a mesma, pero con dous anos. Teño a mesma ambición, se non é máis, porque xa sei o que é gañar títulos aquí”.

Primeira proba, Copa Galicia

O conxunto mariñán terá a súa primeira proba de pretempada, xa con competición oficial, con fase de grupos da XIII Copa Galicia. Será mañá fronte a Fisober FSF (O Conco-Dumbría, 20.30 horas), de Autonómica. Valdetires será o outro rival do Grupo 1 para as laranxas, que deberá decidirse antes do 30 de decembro. “Vai ser o noso primeiro partido. Chego con moitas ganas de volve a poñer a camiseta laranxa” aseguraba con ilusión a 7 burelista, que este venres volverá concentrarse coa Selección Española con motivo da fase de clasificación para a Eurocopa UEFA 2019, ata o 16 de setembro.


Favoritos para a liga

“Está claro que o Atlético de Madrid vai estar aí, para min é un fixo e a incorporación de Anita Luján vailles a axudar moito. Roldán consolidouse como un dos grandes o ano pasado, non só por Vanessa, senón todo o bloque e espero que haxa algunha sorpresa máis. Sabemos que calquera equipo da nosa liga pódenos poñer as cousas difíciles: Alcorcón, UA Alicante…” esta é a quiniela para Peque.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as entrevistas.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores