29 de novembro de 2019
DESTACADA
Mellor Equipo Feminino 2018, nos Premios Deporte Galego
O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, recolleu onte en Lalín o galardón de Mellor Equipo Feminino 2018 nos Premios Deporte Galego da Xunta de Galicia. O dirixente laranxa estivo acompañado no acto polo equipo ao completo das Raíñas, ademais da vicepresidenta, Cesarina Fanego.
O conxunto recibiu o devandito recoñecemento non só pola súa traxectoria deportiva senón por un feito que deu a volta á península, ao converterse no primeiro club en España en firmar un convenio colectivo de xogadoras profesionais, o 18 de decembro de 2018.
Nesta categoría, tamén foi premiado o Atlético Guardés de Balonmán.