Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS regresa esta noite coa primeira vitoria da segunda volta e do ano, tres puntos conseguidos na difícil cancha do correoso Gran Canaria (3-5) que o fan máis forte no liderado de Segunda LNFS. Tras o gol de Iago Míguez, rozando o descanso, os mariñáns conseguiron ampliar distancias no segundo acto, cun duelo de xogo de cinco que caeu ao lado galego. Tivo que facer fronte o Pescados Rubén Burela FS a un partido moi intenso, con dominio e posesión, aínda que tamén con resistencia nos últimos metros. Os de Juanma Marrube dispuxeron de varias ocasións dun contra un, sen éxito, fronte a un Gran Canaria que apertou pero non xerou demasiado perigo. A tan só 9 segundos para o descanso, Iago Míguez, desde saque de esquina, adiantouaos galegos, no regreso do 5 laranxa ás pistas, no seu primeiro partido da tempada. No reinicio, os locais igualaron a cita, no minuto 24, con Álex Rivero que aproveitou un balón dividido tras unha perda laranxa. Resistíuselles o gol aos mariñáns dez eternos minutos. O sempre máxico Matamoros sorteando a Agus coa zurda asinou o 1-2. Foi polo partido o Gran Canaria con porteiro xogador. Cumpríase o minuto 34 de xogo e precisamente, os Juanma Marrube conseguiron ampliar a fenda tan só 2 minutos despois, con xogo de cinco liderado por Matamoros e Iago Míguez vendo de novo portería. Renato, a porta baleira, no 37 anotou o 1-4. Tras a segunda amarela para Álex Rivero, Matamoros sentenciou no 39, rematando na área, en superioridade. Ficha técnica Gran Canaria FS: Agus, Saúl, Juanillo, Xullo, Alex Rivero, cinco inicial; tamén xogaron Marrupe, Alex Velasco, Mehdi, Abimael. Pescados Rubén Burela FS: Edu, Renato, Pope, R. Vargas, Hélder, cinco inicial; tamén xogaron Juanfran, Lucho, Luisma, Porto, Matamoros, Iago Míguez Goles: 0-1, minuto 20, Iago Míguez, 1-1, minuto 24, Álex Rivero; 1-2, minuto 34, Matamoros; 1-3, minuto 36, Iago Míguez; 1-4, minuto 37, Renato; 1-5, minuto 39, Matamoros Árbitros: Mayo López // Panadero Díaz-Concha (Colexio Madrileño). Por Gran Canaria amarela para Abimael, Dani e dobre amarela para Álex Rivero. Por Burela amarela a Juanfran. Incidencias: Partido correspondente á xornada 16 de Segunda LNFS Álex Rivero disputado no Centro de Deportes Insular de Gran Canaria.
Ler máis
O Pescados Rubén Burela FS estreou o ano cunha nova vitoria que mantén as Guerreiras Laranxas no liderado logo dunha cita frenética na pista do UA Alicante (3-5). Tras o equilibrio no marcador ao descanso de 1-1, o segundo período ofreceu máis ritmo e ocasións en ambas as filas, con grande acerto da coruñesa Luci, autora de 4 dos 5 tantos mariñáns. Luci rubricou a primeira alegría da tarde, xa no minuto 4, asistida por Dany. As chegadas nos compases iniciais foran da UA, que empatou no minuto 6, finalizando Carmen unha xogada de Elena. Resistíronse ambas as redes ata o descanso; o pau evitou o segundo das locais, no 14, con Ángela; as filas mariñás dispuxeron dun dobre penalti, no 13, que se marchou desviado. Regresaron con perigo as de Burela. Buscou Dany a Luci nos primeiros compases; a 3 laranxa volveu probar sobre a meta alacantina pouco despois. Con todo, a expulsión directa de Jozi no minuto 23 deulles a oportunidade ás locais e non erraron; Ángela subiu o 2-1 ao segundo pau en xogada de estratexia de Lara Terrés. Aumentaron a presión as galegas na busca da remontada cunha boa resposta local. As de Julio Delgado e Lucas recuperaron o empate no electrónico no 28, de novo con Luci, tras unha xogada pola banda de Jenny. Coa meta alacantina expulsada, a xogadora coruñesa selou o seu hattrick no 30 aproveitando un balón morto na área. Pouco durou a alegría da vantaxe; en menos dun minuto Lara Terrés puxo o 3-3 desde saque de esquina. Nunha tarde incomensurable, Luci volveu darlles tranquilidade ás laranxas, co 3-4 non minuto 35, que se reforzou cun lanzamento que meteu Carmen en propia segundos despois, a tentativa de Cilene. Reaccionaron as alacantinas con xogo de cinco nestes cinco últimos minutos, se éxito. Ficha técnica UA Alicante FSF: Jennifer, Ana, Carmen, Lara Terrés, Ángela, cinco inicial; tamén xogaron Melli, Elena, Mónica, Patri, Elena G. Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Peque, Cami, Luci, cinco inicial; tamén xogaron Jenny, Cristina, Cilene, Lara Balseiro, Alves, Jozi Goles: 0-1, minuto 4, Luci; 1-1, minuto 6, Carmen; 2-1, minuto 23, Ángela; 2-2, minuto 28, Luci; 2-3, minuto 30, Luci; 3-3, minuto 31, Lara Terrés; 3-4, minuto 35, Luci; 3-5, minuto 35, Carmen (p.p.). Árbitros: Estévez Pérez // Rodríguez Morales. Por Alicante amarela a Ángela Mingot (minuto 19), Patri (27), Jenny (dobre 28). Por Burela vermella a Jozi (minuto 23) Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado no pavillón Universidade de Alacante.
Ler máis
Volve a liga de Segunda LNFS estreando 2019 e estreando a segunda volta. O Pescados Rubén Burela FS defenderá o liderado na xornada 16, coa visita á pista do correoso Gran Canaria, coa boa nova da inclusión de Iago Míguez na lista de convocados, despois de estar afastado dende pretempada por unha tendinopatía rotuliana. O Centro Insular de Deportes acollerá a cita mañá a partir das 20.30 h. (hora peninsular). Gran Canaria recibirá os pupilos de Juanma Marrube na oitava praza (21 puntos), co aval de ser un dos cinco rivais que puideron arrebatarlle algún punto ao único equipo invicto da táboa; os insulares conseguiron un empate (3-3) en Vista Alegre. “Foi capaz de ganarlle a ElPozo despois de ir perdendo 2-0 e tamén a Betis, sendo capaz de facerlle un parcial de 4-0. É un equipo moi incómodo e ten moi claro a onde levar os partidos, sendo aínda máis forte como local” advertía Juanma Marrube, incidindo na alma de líder dos mariñáns para seguir recollendo froitos nesta excelente traxectoria: “Temos que xogar sobre o que adestramos; debemos ser fieis aos nosos sinais de identidade. Reforzados nesta base e coa tranquilidade da regularidade que vimos demostrando, temos claro que vai ser moi difícil, pero chegamos en boas condicións á cita para sacala adiante”. A visita á pista dos de Suso Méndez será o primeiro obstáculo nesta segunda volta, tras pechar o ano e chegar ao ecuador da competición no cumio: “Independentemente dos resultados, os xogadores transmiten ganas de traballar e de querer manter esa liña de regularidade e de mellorar. Esperamos unha liga moito máis esixente nesta segunda volta. Haberá moitos equipos na pelexa do play off e moitos outros buscarán a salvación; agora non hai marxe de manobra, veremos máis igualdade e un nivel competitivo máis elevado” puntualizaba o Mariskal, á fronte dun cadro con compromiso e carácter. “A volta o traballo foi excelente. Dende o corpo técnico estamos moi satisfeitos xa que os xogadores regresaron con moita frescura e máis ganas; foron unhas vacacións nas que todos osixenamos para volver con máis forza”, concluía o adestrador alfocego tras unha semana xa de traballo neste 2019. O equipo de Juanma Marrube realizará a última sesión esta tarde, xa nas illas, ás 19.00 horas (hora local). Pitero non forma parte da expedición, debido a unha pubalxia. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS:1. Edu, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Luisma, 7. Porto, 10. Matamoros, 11. Juanfran, 12. Renato, 14. Pope, 15. R. Vargas, 23. Imanol CD, 30 Hélder Ronsel no podio Con tan só 2 puntos menos ca os laranxas, o segundo da táboa, Manzanares, visitará o FC Barcelona B, na sexta praza. Na terceira posición e con 3 puntos de diferenza sobre o cumio burelista, Betis tamén xogará a domicilio, con derbi andaluz, fronte ao cuarto, Mengíbar.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 17ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
11 victorias | 5 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 38
Software DELSOL Mengíbar
9 victorias | 4 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 31
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
19 de xaneiro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 12/01/2019
ElPozo Ciudad de Murcia 4 0 Dimurol S. Tenerife
Bisontes Castellón 4 1 Santiago Futsal
FC Barcelona B 3 4 Manzanares FS
Córdoba CF Futsal 5 5 Soliss FS Talavera
Axa Ita Port Elche CF 1 3 Rivas Futsal
Noia Portus Apostoli 5 6 Colo Colo Zaragoza
Gran Canaria FS 1 5 Pescados Rubén-Burela FS
Software DELSOL Mengíbar 1 1 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS38
2Manzanares FS36
3Real Betis Futsal33
4Software DELSOL Mengíbar31
5ElPozo Ciudad de Murcia 27
6Córdoba CF Futsal27
7FC Barcelona B 25
8Bisontes Castellón23
9Gran Canaria FS21
10Soliss FS Talavera21
11Rivas Futsal20
12Axa Ita Port Elche CF18
13Santiago Futsal17
14Colo Colo Zaragoza15
15Noia Portus Apostoli12
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Matamoros
GolesXogador
13Matamoros
9Renato
8Juanfran
7Pope
6Hélder
6Pitero
5Lucho
4R. Vargas
3Luisma
3Porto
2Edu
2Iago Míguez
Próximo partido
Partido pertencente á 15ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
13 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 39
Femisport Palau Club
0 victorias | 1 empates | 13 derrotas
Puntos acumulados: 1
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
19 de xaneiro de 2019
Última xornada
Partidos celebrados o 12/01/2019
Viaxes Amarelle F.S. 2 0 Guadalcacín
Ourense Envialia 4 2 Pescamar Poio FS
Femisport Palau Club 1 3 Jimbee Roldán FSF
Leganés Masdeporte 4 6 CD Futsi Atlético Féminas
AD Alcorcón FSF 8 1 Majadahonda FSF/Afar 4
AD Sala Zaragoza 4 5 Móstoles FSF
UCAM Murcia 3 2 Penya Espluges Gironella FS
Universidad de Alicante 3 5 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS39
2CD Futsi Atlético Féminas38
3Penya Espluges Gironella FS31
4Ourense Envialia28
5Jimbee Roldán FSF26
6Universidad de Alicante25
7Pescamar Poio FS25
8UCAM Murcia25
9AD Alcorcón FSF21
10Móstoles FSF21
11Leganés Masdeporte13
12Viaxes Amarelle F.S.10
13Majadahonda FSF/Afar 410
14Guadalcacín6
15AD Sala Zaragoza5
16Femisport Palau Club1
Goleadora
Dany
GolesXogadora
13Dany
8Luci
8Peque
7Cristina
6Jenny
5Cilene
4Lara
3Alves
1Cami
Patrocinadores