Noticias
Últimas noticias publicadas
Asemblea Xeral Extraordinaria. Xoves 28 de decembro
A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o xoves 28 de decembro de 2017. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior 2. Exame
11 de decembro de 2017  |  
Destacada
Pescados Rubén, Mellor Patrocinio Deportivo 2016
O patrocinador principal do club burelista, Pescados Rubén, vén de ser recoñecido como o Mellor Patrocinio Deportivo pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia nos Premios Deporte Galego do ano 2016 que se entregarán o vindeiro día 21 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Así o deu a coñecer a Secretaría Xeral para o Deporte o martes pasado. Estes galardóns loan os méritos deportivos do ano 2016 e distingu
7 de decembro de 2017  |  
Destacada
Lotería de Nadal: 59221
O número da Sorte Laranxa para este Nadal, o 59221, xa está dispoñible. Faite coa túa papeleta na oficina do Pescados Rubén Burela FS (de luns a xoves: 10.00-14.00//16.00-19.00 e venres 10.00-15.00) ou no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos partidos de Primeira División RFEF e Segunda LNFS. Tamén podes adquirilo nos seguintes establecementos: -Mesón O Poeta-Cafetería Vista Alegre-Parrillada de
27 de setembro de 2017  |  
Destacada
Álex e Jozi, profesores por un día no IES Monte Castelo
Os laranxas Álex e Jozi comezaron a semana exercendo de profesores por un día no IES Monte Castelo de Burela.  Os porteiros do Pescados Rubén Burela FS compartiron a súa experiencia baixo os paus co alumnado de segundo curso do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas como complemento ao coñecemento do fútbol sala dentro da materia de Deportes de Equipo.   Álex e Jozi centraron a súa sesión na importancia
11 de decembro de 2017
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base.
11 de decembro de 2017
Pescados Rubén 3-3 Mengíbar
O Pescados Rubén Burela FS sumou 1 punto esta tarde en Vista Alegre ante un Software DELSOL Mengíbar serio, con poucos erros. Tras o descanso os mariñáns supliron ben a falta de profundidade da primeira parte transformando o 0-1 en 3-1 en tan só 36 segundos; roldaba o minuto 34. Perdoou en exceso o conxunto laranxa e os visitantes souberon reaccionar para agarrar o empate (3-3). A Bomboneira presenciou unha primeira parte de tenteo,
9 de decembro de 2017
Conta atrás na primeira volta, con Vista Alegre como talismán
O Pescados Rubén Burel FS repite este sábado en Vista Alegre coa visita do Software DELSOL Mengíbar na 13ª xornada (18.30 horas), na antepenúltima cita da primeira volta e de 2017. “Temos que seguir coa traxectoria dos dous últimos partidos e intentar sacar os tres puntos para seguir aí arriba na clasificación” advertía o capitán laranxa Edu, destacando a recuperación da filosofía burelista e dos resultados á pista. Desde a sexta pr
7 de decembro de 2017
Enfermidade de Jorge Matamoros
Ao pivote Jorge Valhermoso Matamoros foille detectado un carcinoma esta semana durante unha revisión rutineira. O xogador madrileño será intervido o vindeiro luns no Hospital da Costa de Burela. Dende o Pescados Rubén Burela FS prégase encarecidamente respecto á intimidade de Matamoros e do seu contorno, nestes momentos tan delicados. Mata, non estás só! Toda a Familia Laranxa está contigo!
5 de decembro de 2017
Nadal para Tod@s, con Cruz Vermella de Burela
O Pescados Rubén Burela FS organizará unha campaña de recollida de alimentos este sábado, 9 de decembro, coincidindo coa visita do Software  DELSOL Mengíbar a Vista Alegre (18.30 horas). Baixo o lema ‘Nadal para Tod@s’, as persoas que así o desexen poderán facer as súas doazóns no pavillón, que  irán destinadas a Cruz Vermella de Burela, con produtos non perecedoiros (aceite, legumes, latas de conserva
5 de decembro de 2017
Calendario de base para esta semana
Consulta os horarios no arquivo adxunto
5 de decembro de 2017
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores