Noticias
24 de xullo de 2009
Juanma renova polo club laranxa

Juan Manuel Marrube será xogador do Burela FS unha tempada máis, logo do acordo alcanzado coa xunta directiva. O de Alfoz seguirá á fronte do equipo laranxa malia que recibira outras ofertas: “para min vestir a camiseta deste equipo significa moito”. Tanto a xunta directiva como o xogador fixeron fincapé na vontade manifestada por ambas partes para selar o acordo. O xerente da entidade, Juan Carlos Modia, declarou que o ‘Mariscal’ “é un xogador moi importante para o Burela FS. E fixo un esforzo importante para quedarse con nós”. Pola súa banda, Juanma non dubida en afirmar que se sinte “plenamente identificado co club laranxa. Vestir esta camiseta sempre será para min algo especial”.

Despois de militar durante dúas temporadas no Burela FS e unha no Azkar Lugo, o ala-pivote leva á fronte da capitanía do equipo burelés dende a súa volta, no 2006. Neste tempo, o de Alfoz converteuse nunha referencia clara para a afección, que o valora como unha das pezas claves no proxecto deportivo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores