Noticias
28 de xullo de 2009
Minu firma a súa renovación co Burela FS

Antonio Minuesa Durán ‘Minu’ retoma o seu compromiso co club “motivado e moi ilusionado por continuar neste equipo”. O vicepresidente do Burela FS, Manolo Blanco, quixo celebrar a aposta feita por Minu e felicitouse por contar “cun xogador que ten demostrado o compromiso co club en moitas ocasións”.

Minuesa considera “ilusionante” o proxecto deportivo que prepara o Burela FS, con Suso Rey como adestrador. “Coñezo a Suso dende hai tempo, e creo que a idea de combinar xuventude e experiencia no conxunto dará unha nova perspectiva ao equipo laranxa”, afirma Minu. O á cordobés pensa que “é como se volvésemos ás orixes, cando este club comezaba a facerse sitio entre os mellores, e iso é o máis apaixonante”, afirmou.

A renovación de Minu únese á continuidade xa confirmada de Juanma, Javi Rodríguez, Christian, Edu e Purao. O equipo directivo ultima tamén a incorporación de varios xogadores das categorías inferiores.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores