Noticias
29 de xullo de 2009
Brais acompañará a Edu na portería do primeiro equipo

O ata agora xuvenil Brais García será un dos protagonistas do novo Burela FS, ocupando a praza de segundo porteiro no proxecto que prepara Suso Rey. Brais, que se amosou “orgulloso e moi contento” pola elección foi presentado como novo integrante do primeiro equipo polo vicepresidente José Saa no local social do club. Segundo afirmou Saa “está claro que a directiva aposta por un equipo con xente da casa, que ademais saiba valorar a experiencia de xogadores de experiencia contrastada”.

Ademais de ser convocado en numerosas ocasións coa selección galega, Brais foi campión de España sub-20 e sub-18, conseguiu dúas ligas de xuvenís co Burela FS e asemade foi campión de Copa.

 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores