Noticias
31 de xullo de 2009
Rubén García ‘Turero’ da o salto a Prata

O equipo de Suso Rey terá unha nova incorporación para a tempada 2009/10 procedente da canteira laranxa. Trátase do ata agora xuvenil Rubén García ‘Turero’, á trabadense de 18 anos e cun currículo envexable con dúas Ligas e unha Copa, ademais de ser recentemente campión de España sub-20. O vicepresidente José Saa e Marcelino Luna, tamén directivo do club, presentaron ao xogador nas oficinas do Burela FS.

Rubén, que afirmou estar satisfeito e “orgulloso porque esta é unha boa oportunidade para que a xente da canteira aporte o seu traballo ao equipo”, súmase deste xeito á incorporación de Brais como segundo porteiro. O de Trabada cre tamén que este “será un ano duro en Prata, porque os equipos igualáronse bastante en canto a potencial e non hai un que destaque moito por riba dos mais”. Turero unirase ao grupo o mércores da semana que ven, cando se poña en marcha o Burela FS para tempada 2009/10 da man de Suso Rey. Xunto co trabadense estarán Edu, Brais, Purao, Revilla, Juanma, Minu, Juanpe, Javi Rodríguez e Christian Chao.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores