Noticias
1 de setembro de 2009
A EDM Burela FS recibe numerosas inscricións

Unha tempada máis, o fútbol sala e o CD Burela FS volven triunfar entre os máis pequenos. A escola laranxa está recibindo numerosas inscricións para o curso 2009-10, cuxo prazo de matrícula aínda estará aberto ata o venres 4 de setembro.

A EDM abranguerá catro categorías, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil. O prezo da matrícula será de 20 euros, cunha cota engadida de 30 euros por trimestre (outubro, xaneiro e abril). O club proporcionaralle a cada alumno/a da escola dúas camisetas, un pantalón curto de adestramento e unha mochila; o chándal será o mesmo da tempada pasada e o seu custo deberá ser asumido polo alumnado, no caso de ser necesario.

Para formalizar a matrícula, o/a rapaz/a terá que achegar dúas fotos tamaño carné e a fotocopia do DNI.

Reunión cos pais e nais

A dirección da EDM CD Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado o sábado 5 de setembro, no Salón de Conferencias da vila (antiga biblioteca), para explicarlles a programación do curso 2009-10. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios:

10.30 horas – Prebenxamín (nados/as en 2002-03)
11.15 horas – Benxamín (nados/as en 2000-01)
12.00 horas – Alevín (nados/as en 1998-99)
12.45 horas – Infantil (nados/as en 1996-97) 

Todas aquelas persoas interesadas poden obter máis información nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou a través do número de teléfono 982 58 18 15.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores