Noticias
3 de setembro de 2009
Autos Lobelle e Esteo FS, citas laranxas para a fin de semana

O Burela FS ten dúas novas citas de pretempada para a fin de semana, ante o Autos Lobelle de Santiago, da División de Honra, e o Esteo FS, de Primeira Nacional B.

Os pupilos de Suso Rey trasladaranse a Cee mañá, venres, para medirse ao equipo compostelán; o amigable comezará ás 21.00 horas e a entrada custará 5 euros. Ambos os dous conxuntos xa se viron as caras durante esta pretempada; foi no V Memorial Celso Currás de Trabada, no que os composteláns se impuxeron por 2-5 nun encontro dominado polas súas polémicas entradas.

O destino dos laranxas para o sábado, 5 de setembro, será As Pontes de García Rodríguez. O Burela FS participará no encontro de presentación do Esteo FS, a partir das 18.30 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores