Noticias
8 de setembro de 2009
O Burela FS estreará autobús personalizado na súa viaxe a Narón

A empresa mariñá Autos Morán, provedora oficial dos desprazamentos do CD Burela FS, personalizou un dos seus autobuses cun deseño de Living Sport Viniliving baseado na imaxe da entidade laranxa. O seu primeiro destino será Narón mañá, mércores; o cadro de Suso Rey será o encargado de estrealo, para a cita que o enfrontará ao Cidade de Narón, nos cuartos da XIX Copa Galicia.

O vehículo lucirá o nome do club burelista nos seus laterais, acompañado do torque e balón que compoñen o logotipo da entidade. Así mesmo, o escudo tamén aparecerá perfilado en branco nos cristais dianteiro e traseiro do autocar e, en laranxa, nos retrovisores. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores