Noticias
11 de setembro de 2009
Derrota dos xuvenís ante o Concello de Trabada FS (0-8)

O conxunto xuvenil do CD Burela FS caeu derrotado onte, no seu primeiro amigable da pretempada, ante o Concello de Trabada FS (0-8). O partido, cuxo desenvolvemento estaba previsto no pavillón trabadense, disputouse finalmente na pista burelá dos Castros por petición do cadro de Primeira Nacional B.

O Xove FS, equipo de nova formación que arrancará esta tempada en Provincial, será o rival de hoxe para os laranxas, a partir das 19.30 horas, en Vista Alegre. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores