Noticias
11 de setembro de 2009
Lucas non continuará no CD Burela FS

O técnico Iván Cao Valle, Lucas, non continuará vinculado ao CD Burela FS na tempada 2009-10. Despois de oito anos, os camiños do preparador burelao e a entidade laranxa sepáranse ao non chegar a un acordo entre as partes na renovación. Tras varias tempadas como auxiliar do primeiro equipo masculino, Lucas asumiu en 2004 o cargo de segundo adestrador do cadro, en Prata, e en 2007 tamén pasou a formar parte do profesorado da EDM Burela FS, tarefas que nos últimos tempos compatibilizaba coa de técnico municipal de Deportes.

O club agradécelle ao adestrador todos os seus anos de dedicación ao fútbol sala nas filas laranxas, como un dos cimentos no impulso e adoutrinamento das categorías inferiores burelistas, e deséxalle un futuro profesional exitoso.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores