Noticias
11 de setembro de 2009
Javier Pardeiro:'A semifinal non está sentenciada por ser favoritas as ourensás'

Na véspera de que comece a fase final da XIX Copa Galicia, en Ourense, Javier Pardeiro incidiu na seriedade con que asume o Burela FS Feminino a competición e advertiu que o conxunto laranxa pode contar con opcións: “A semifinal non está sentenciada por partir como favorito o Ponte Ourense. Somos realistas e sabemos que vai ser moi complicado, pero asumimos a cita coa suficiente ilusión para dar a sorpresa e intentar meternos na final”. 

Con este encontro, que acollerá o pavillón municipal dos Remedios ás 17.30 horas, o cadro de Pardeiro terá o seu primeiro exame da máxima categoría do fútbol sala. “Medímonos a un conxunto forte, que en 2008-09 quedou entre os oitos primeiros da División de Honra e xogou a Copa de España; vainos servir para calibrar o noso nivel de comezo na tempada, pero o máis importante é que, como título oficial, é o mellor dos alicientes para ir a por todas”, manifestou o adestrador burelao.

Lucía e Dolo pelexarán por expulsar da Copa o seu anteriore equipo. A capitá laranxa, Claudia, será baixa segura para a cita autonómica, polo agravamento dunha fascite plantar que arrastra dende hai tempo.

Lugar

Pavillón Municipal dos Remedios

Sábado 12 de setembro

16.00 horas Cidade das Burgas-Valdetires Ferrol
17.30 horas Ponte Ourense-Burela FSF

Domingo 13 de setembro

11.00 horas FINAL

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores