Noticias
12 de setembro de 2009
Set en branco e directas á gran final da Copa de Galicia

O Burela FSF Pescados Rubén disputará a gran final da XIX Copa de Galicia ao imporse con autoridade ao Ponte Ourense por 0-6. O conxunto dirixido por Javier Pardeiro desarborou co seu xogo e definición -neste apartado Souza foi a gran protagonista ao conseguir un hat-trick- ao cadro ourensán, que partía como favorito pero que tivo que renderse á evidencia desde o asubío inicial. Ao descanso chegouse cun 0-2 favorable ás burelás que na continuación mantiveron a intensidade e acabaron arroiando a un Ponte Ourense que acabou noqueado.
Na outra semifinal, entre o Cidade das Burgas e Meirás, o duelo decantouse polo bando ourensán, que se impuxo con claridade por 7-2 e disputará a gran final contra o Burela. O encontro celébrase o domingo día 13, a partir das 11:00 horas, no pavillón municipal dos Remedios.

Ficha técnica

Ponte Ourense: Dolores, Yeny, Bea, Laura, Marta –cinco inicial- Silvia, Cecilia, Isabel e Greta.

 

Burela FSF Pescados Rubén: Irene, Souza, Dolo, Lidia, Lucía –cinco inicial- Ro, Cuchi, Marta e Lara.

 

Goles: 0-1, m.8, Souza; 0-2, m.10, Ro; 0-3, m.30, Souza; 0-4, m.32, Marta; 0-5, m.34, Lidia; 0-6, m.35, Souza.

 

Árbitros: Delmiro Araújo e Enrique Novoa de Ourense.


Pabellón: Municipal de Os Remedios de Ourense que rexistrou unha boa entrada e contou con unha notable representación laranxa nas bancadas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores