Noticias
12 de setembro de 2009
O Burela remonta en Andorra e estrea a competición cunha vitoria

O Burela FS inicia a competición ligueira cunha vitoria a domicilio en Andorra, onde se impuxo por 2-4. O conxunto laranxa logrou remontar un partido que se puxo costa arriba nos primeiros compases do encontro. Aos dous minutos de xogo, a escuadra andorrana vencía por 2-0 con dous goles de Moisés, o segundo ao transformar un penalti. A pesar deste duro golpe, o equipo dirixido por Suso Rey mantivo a compostura e foi medrando co paso dos minutos ata lograr o control do xogo. Este dominio tivo a súa recompensa cos tantos de Juanma (1-2) e Dani Martín, que estableceu o empate co que se chegou ao descanso. No segundo período mantívose a incerteza no marcador xa que os laranxas non lograban definir as súas ocasións ante un Andorra que apenas xerou perigo. No tramo final de partido Juanma conseguiu inclinar a balanza ao transformar un dobre penalti e Purao sentenciou o choque (2-4) no último minuto.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores