Noticias
13 de setembro de 2009
O Burela FSF conquista a Copa de Galicia cun gol de Dolo na prórroga

O fútbol sala feminino galego vístese de laranxa tras proclamarse o Burela FSF Pescados Rubén campión da XIX Copa de Galicia ao vencer por 3-4, na prórroga, ao Cidade das Burgas.

A final tivo todos os ingredientes propios destes eventos, a pesar de que as ourensás escolleron o camiño do pechamento para buscar o triunfo. A táctica ourensá propiciou que as pupilas de Javier Pardeiro se atopasen cun muro infranqueable que se viu reforzado co tanto conseguido por Carmen no minuto 19. Ata ese instante, a iniciativa e a proposta ofensiva era completamente burelá, aínda que sen o brillo e o acerto das semifinais. Co 1-0 chegouse ao intermedio e na continuación a paisaxe permaneceu intacta ata que Lucía abriu a hermética lata ourensá. A igualada tranquilizou ao cadro burelao que se armou de paciencia e intentou por todos os medios desnivelar a final e este momento chegou cando a brasileira Souza transformou un dobre penalti a dous minutos do final.

Semellaba que a Copa se achegaba a terras mariñás pero acto seguido veu o 2-2 por mediación de Iria. Con este resultado finalizou o choque entre dous conxuntos antagónicos na súa visión do xogo e iniciouse unha prórroga emocionante na que de novo o Burela logrou a iniciativa no marcador por mediación de Rosana (2-3). A resposta das ourensás non se fixo esperar e a súa protagonista foi, outra vez, Iria que marcou o 3-3 que vaticinaba a quenda de penaltis ata que apareceu a figura de Dolo para pór orde e sentenciar o choque definitivamente co 3-4 final.

 


Ficha técnica

Cidade das Burgas: Natalia, Lucía, Sonia, Iria y Carmen.

Burela FSF Pescados Rubén: Irene, Lidia, Lucía, Souza, Dolo –cinco inicial- Ro, Cuchi y Marta.

Goles: 1-0, m.19, Carmen; 1-1, m.25, Lucía; 1-2, m.38, Souza (dp); 2-2, m.38, Iria; 2-3, m.41, Ro; 3-3, m.43, Iria; 3-4, m.44, Dolo.

Árbitros: Cerdeira Casas y González Arnada.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores