Noticias
14 de setembro de 2009
Os xuvenís sucumben ao potencial do novo Xove FS

O conxunto xuvenil sucumbiu o venres pasado á forza do emerxente Xove FS, novo equipo mariñán que en 2009-10 se estreará en Provincial. Os tres goles de Manuel non foron obstáculo suficiente para frear o rival, que aproveitou a segunda parte para transformar o axustado resultado do descanso, 1-2.

Os laranxas disputarán hoxe outro amigable na bomboneira; será a partir das 21.30 horas ante o Burela Turística, antigo Autoescuela Norte, que este ano militará en Autonómica.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores