Noticias
14 de setembro de 2009
Horarios de adestramentos para a Escola Deportiva Municipal Burela FS

A EDM Burela FS xa ten fixados os adestramentos para o curso 2009-10, que comezará a partir do luns 21 de setembro. (CALENDARIO)

PREBENXAMÍN

*Os/As alumnos/as que estuden fóra de Burela (Nois, Foz, Cervo...) deberán asistir aos adestramentos de Prebenxamín C, independentemente do seu ano de nacemento.

Prebenxamín A (nados/as en 2002): Luns (Vista Alegre, 17.00-18.00) e venres (Os Castros, 16.00-17.00)

Prebenxamín B (nados/as en 2003): Martes (Vista Alegre, 19.00-20.00) e venres (Os Castros, 18.00-19.00)

Prebenxamín C (nados/as en 2002-2003): Luns (Vista Alegre, 18.00-19.00) e xoves (Os Castros, 18.30-19.30)

BENXAMÍN

* Os/As alumnos/as que estuden fóra de Burela (Nois, Foz, Cervo...) deberán asistir aos adestramentos de Benxamín C, independentemente do seu ano de nacemento.

Benxamín A (nados/as en 2000): Luns (Vista Alegre, 19.00-20.00) e venres (Os Castros, 19.00-20.00)

Benxamín B (nados/as en 2001): Luns (Monte Castelo, 18.45-19.45) e xoves (Os Castros, 19.30-20.30)

Benxamín C (nados/as en 2000-2001): Martes (Os Castros, 19.30-20.30) e venres (Monte Castelo, 19.30-20.30)

ALEVÍN

Alevín A (nados/as en 1998): Luns (Os Castros, 18.00-19.15) e mércores (Vista Alegre, 18.15-19.30)

Alevín B (nados/as en 1999): Mércores (Os Castros, 18.30-19.30) e venres (Os Castros, 17.00-18.00)

INFANTIL

Infantil A (nados/as en 1996): Martes (Os Castros, 17.00-18.15) e xoves (Vista Alegre, 17.30-18.30)

Infantil B (nados/as en 1997): Martes (Os Castros, 18.15-19.30) e xoves (Vista Alegre, 18.30-19.30)

Estes horarios tamén se poden consultar nos taboleiros dos pavillóns e colexios burelaos e na oficina do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado).

 

MATRÍCULA

A EDM Burela FS recibiu un total de 127 matrículas para poder participar no curso 2009-10. Cada equipo conta cun máximo de 15 alumnos/as, pero os/as máis rezagados/as están de sorte porque aínda hai algunha praza libre. Son as seguintes, por categorías:

Prebenxamíns: 13 prazas libres

Benxamíns: 7 prazas libres

Alevíns: 1 praza libre

Infantís: 2 prazas libres

No caso de que se superen os 15 matriculados/as por equipo, a EDM Burela FS abrirá unha lista de espera para cada categoría.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores