Noticias
15 de setembro de 2009
Elena Varela Peluquerías, novo patrocinador do Burela FS Feminino

O Burela FS Feminino contará na tempada 2009-10 cun novo patrocinador, Elena Varela Peluquerías. Na tarde de onte o directivo Marcelino Luna e a propietaria da firma galega, Elena Varela, formalizaron o acordo no que o centro de estética pasa a ser un dos patrocinadores destacados da entidade laranxa. Luna agradeceu a Elena Varela “o importantísimo apoio que prestará a todo o club e, en particular, ao equipo feminino”, que se mostrou “orgullosa de poder contribuír ao desenvolvemento dunha entidade que está facendo un grande esforzo pola práctica deportiva en igualdade e pola formación de base”.

Elena Varela Peluquerías figurará na equipación de xogo y disporá de soportes publicitarios no pavillón Vista Alegre e na web laranxa (www.burelafs.org).

Esta nova empresa patrocinadora da sección feminina burelista leva 18 anos dando solucións en materia de estética. Na actualidade posúe dous centros de beleza, en Burela e na Coruña, que ofrecen completos servizos en perruquería e tratamentos capilares e faciais, ademais de depilación láser.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores