Noticias
15 de setembro de 2009
Sito, Keko e Manuel conseguen o empate xuvenil ante o Burela Turística (3-3)

Das zapatillas de Sito, Keko e Manuel saíron os goles do conxunto xuvenil do CD Burela FS ante o Burela Turística, disputado onte en Vista Alegre. Estes tres tantos servíronlles aos xogadores laranxas para recoller o seu primeiro resultado positivo de pretempada, no que constituíu o terceiro amigable de preparación, fronte ao antigo Autoescuela Norte, que este ano debutará na competición Autonómica. Os laranxas foron capaces de recuperarse do 1-2 en contra co que se chegou ao descanso ata o empate.

A próxima e última cita de pretempada para os xuvenís será o venres 18 de setembro ante o Burela FS cadete, a partir das 18.15 horas, na bomboneira.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores