Noticias
22 de setembro de 2009
Rosana participará na charla 'Mulleres no deporte' o venres 25, na cervexaría Tapiñas

A burelista Rosana Carballés, Ro, participará o vindeiro venres, 25 de setembro, na charla-café ‘Mulleres no deporte’, na reanudación do ciclo FALEMOS DE... que organiza o Observatorio da Mariña pola Igualdade. A cervexaría burelá Tapiñas (avenida Arcadio Pardiñas, número 146, galerías) acollerá a cita a partir das 20.00 horas.

Xunto á xogadora laranxa intervirá outra deportista de elite da Mariña, a atleta ribadense Ana Mª. Ferradás. Tamén participarán Juana Blanco, psicóloga da Federación Galega do Deporte, e Mercé Barrientos, presidenta da Federación Galega de Taekwondo e vicepresidenta da recente asociación Mudega (Mulleres Deportistas Galegas).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores