Noticias
23 de setembro de 2009 Foto: Carlos Echevarría
O Concello burelao ofrecerá unha recepción ás campioas de Galicia
O Concello de Burela ofrecerá o vindeiro sábado, 26 de setembro, unha recepción oficial ás/aos integrantes do Burela FS Feminino Pescados Rubén con motivo do recente título do equipo mariñán como campión da XIX Copa Galicia. No salón de plenos consistorial, o alcalde burelao, Alfredo Llano, e a concelleira de Deportes, Neves Cando, daranlles a benvida e felicitarán ás xogadoras laranxas, que asistirán ao acto acompañadas do seu equipo técnico e de representantes da directiva. A recepción está prevista para as 12.00 horas.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores