Noticias
25 de setembro de 2009
A bomboneira debuta na elite con duelo de ascendidos, Burela FSF-CD Campillos

A bomboneira e a afección laranxa debutarán mañá na elite futbolística coa segunda xornada de Honra, na que o Burela FSF Pescados Rubén recibirá a outro dos novatos da categoría, o malagueño CD Campillos. O duelo de ascendidos comezará ás 18.30 horas.

As pupilas de Javier Pardeiro loitarán polos seus primeiros puntos na competición fronte a un conxunto que se fixo coa praza de Honra tras quedar campión do Grupo 3 de Prata. A traxectoria de ambos os equipos augura un encontro igualado, aínda que as malagueñas teñen da súa parte a vantaxe anímica, polo resultado da primeira xornada, precisamente noutro duelo de ascendidos; gañaron 3-2 ao Teldeportivo Preconte, campión do Grupo 4 de Prata en 2008-09.

Para a primeira cita de Honra ante a bancada laranxa, Irene deixará a defensa da portería nas mans da última fichaxe, Lola, e de Carla. A gardameta luguesa tivo que abandonar o adestramento do martes pasado a causa dunha escordadura grave de nocello e non poderá participar nesta xornada. A outra ausencia será Souza, con dous partidos de sanción aínda pendentes. Como boa nova, Pardeiro poderá recuperar a Claudia e Marta.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores