Noticias
27 de setembro de 2009
O Burela FSF cae (3-5) na súa estrea en Vista Alegre

Perdeu o seu segundo partido da tempada o Burela FSF (3-5) ante unha afección que gozou co xogo das súas en Vista Alegre pero non puido asistir a un triunfo porque as visitantes tiveron máis pegada e souberon sacar petróleo das súas ocasións. Máis de 200 persoas vibraron nun partido histórico: era a primeira vez que a División de Honra feminina de fútbol sala alcanzaba A Mariña.

Lidia e Marta ocupáronse de manter a igualada nos primeiros vinte minutos (2-2). A segunda parte non puido empezar mellor. Claudia adiantaba as de Pardeiro no minuto 27, aínda que Carolina primeiro e Silvia despois puxeron o 3-4 no marcador. A poucos minutos do final, Thais transformou o definitivo 3-5.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores