Noticias
27 de setembro de 2009
Derrota en Lanzarote (3-1) nunha xornada mala para os de arriba en Prata

Logo das derrotas de Gáldar e Talavera caeu o Burela FS fronte ao Tías Yaiza nun partido con escaso acerto por parte mariñá. Só o gol de Revilla (1-1. Minuto 25) puido manter a igualada durante os primeiros vinte minutos.

Na continuación, e a pesar de que o intentaron os pupilos de Suso Rey, foron os locais os que levaron a vitoria, con tantos de Morais e Jhony, que transforma inmediatamente despois de que Xuxa quitase un balón baixo paus na acción de ataque laranxa con porteiro xogador. A pesar da derrota, o equipo burelao segue no pelotón de cabeza do grupo Norte.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores