Noticias
1 de outubro de 2009 LNFS
Os clubs de Galicia e Asturias reuniranse este venres con Javier Lozano

O presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano, reunirase mañá cos representantes dos clubs de Galicia e Asturias no Centro Deportivo Terra de Lugo, ás 19:00 horas. Ademais do CD Burela FS, ao encontro asistirán as outras dúas entidades galegas, Azkar Lugo e Xacobeo 2010 Autos Lobelle de Santiago, e Gijón-El Llano e Avilés Oquendo, os clubs asturianos da LNFS.

Con esta xuntanza o presidente da asociación pretende coñecer de primeira man a situación dos asociados, mostrarlles o seu apoio e escoitar as súas propostas. Javier Lozano aproveitará para informar da actual situación da Liga Nacional e das liñas básicas do seu proxecto de xestión á fronte.

Trátase dunha iniciativa de traballo que o presidente levará a cabo con todos os clubs e que comezou o pasado 11 de setembro coa reunión que mantivo cos asociados da zona de Murcia e Albacete.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores