Noticias
2 de outubro de 2009
As pupilas de Pardeiro visitan a pista do titán cordobés en domingo

A terceira xornada da División de Honra non anuncia unha fin de semana nada doada para o Burela FS Feminino Pescados Rubén. As pupilas de Javier Pardeiro viaxarán a Andalucía para enfrontarse ao titán por excelencia da categoría, Cajasur Córdoba, que vén de conseguir o triplete, coa liga 2008-09, a Supercopa de España e a Copa Ibérica. O palacio municipal de deportes Vista Alegre acollerá o encontro o domingo, a partir das 12.00 horas.

Seguindo a senda de títulos, as cordobesas tamén comezaron con nota 2009-10. Na cuarta posición e con dúas vitorias, pertencen ao grupo de cabeza, empatadas a 6 puntos con Femesala Elche, Queralt Gironella e CD Campillos. Despois da inxusta derrota da semana pasada, o Burela FSF plantarase en Córdoba como pechacancelas, confiando en que o seu esforzo e traballo empecen a dar os seus primeiros froitos.

Na pelexa por tres novos puntos, Irene será seria dúbida baixo os paus do Burela; ademais, haberá que esperar unha xornada para deleitarse coa pegada goleadora de Souza, que cumprirá o seu último partido de sanción co Cajasur Córdoba.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores