Noticias
2 de outubro de 2009
Os grandes favoritos chegan á Mariña dende Talavera

Ao Burela FS tocaralle recibir, na súa cuarta xornada de Prata, a un dos grandes favoritos do Norte, o Grupo Empresas Talavera, que chega á Mariña igualado cos laranxas na táboa; Vista Alegre acollerá o encontro mañá á súa hora habitual, 18.30.

Os homes de Suso Rey terán que baterse cun dos rivais máis perigosos da categoría, que compuxo o seu vestiario co claro obxectivo do ascenso en 2009-10, ao que se suma o orgullo engadido de posuír a Mellor Afección de Prata 2008-09. Para isto, David Marín nutriu o cadro que abandeira Joan Linares, como máximo goleador da categoría na tempada pasada, con xogadores moi experimentados como o ala-pivote Riquer, do Azkar Lugo; o pivote Kel, que en 2008-09 ascendeu a Honra co Sala 10 Zaragoza; ou os peches Chin e De la Cuerda, procedentes do Ocaña Puertas Uniarte.

Tras a derrota inesperada de Lanzarote e coa consecuente terapia de grupo para corrixir os erros defensivos, o conxunto laranxa, completo de efectivos, buscará os tres puntos neutralizando a un equipo que aposta firmemente por un estilo de xogo ofensivo como a súa gran baza. Con 6 puntos no seu poder, tanto burelaos coma talaveranos precisan gañar para non descolgarse do grupo de cabeza, capitaneado por Avilés Oquendo (9 puntos) e Gijón-El Llano (7 puntos).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores