Noticias
9 de outubro de 2009
Os laranxas esperan manter o seu bo momento ante El Escorial, penúltimo de grupo

Un animoso CD Burela FS viaxa na quinta xornada de Prata a terras madrileñas para enfrontarse mañá ao Camping-El Escorial, penúltimo do Grupo Norte que aínda non conseguiu puntuar na competición ligueira. Os laranxas esperan darlle continuidade ao bo momento que están a atravesar tras a meritoria vitoria da semana pasada ante o Grupo de Empresas Talavera.

A partir das 18.00 horas, o pavillón municipal Navaarmando acollerá un encontro a priori accesible para os pupilos de Suso Rey. Segundo o técnico burelista, os mariñáns non deberían ter demasiados problemas para resolver o partido ante os escurialenses, que aínda non puideron estrearse na súa primeira tempada na categoría: “Os resultados do rival indícannos que podemos impoñernos sen moitas dificultades, pero debemos ser prudentes. O Camping-El Escorial posúe un vestiario con veteranía e xogadores contrastados, onde destaca o ex-internacional Javier Orol, e ten a suficiente capacidade como para apertar a calquera equipo”, explicou Suso Rey.

O CD Burela FS chegará a Madrid cunha soa dúbida para saír á pista, a de Juanma, que sufriu un pinchazo muscular durante o adestramento de onte. 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores