Noticias
19 de outubro de 2009
Autos Lobelle, primeiro rival dos xuvenís na liga nacional 2009-10

O conxunto xuvenil do CD Burela FS comezará a súa aventura na liga nacional ante o Autos Lobelle FS o vindeiro domingo, 25 de outubro; será no pavillón compostelán de Restollal, a partir das 12.00 horas.

Xunto ao cadro de Javier Pardeiro e aos santiagueses, o Grupo 12 estará composto por Puerto Celeiro, Prone Lugo AD e Coruxo FC. Os cinco equipos disputarán dúas fases de ida e volta e os campións mediranse entre si na gran final. No caso de que o título de ambas as dúas fases recaese no mesmo conxunto, este enfrontaríase na final ao equipo con máis puntuación no cómputo xeral.

CALENDARIO DA PRIMEIRA FASE

1ª xornada 25-10-09

Autos Lobelle FS-Burela FS

2ª xornada 1-11-09

Burela FS- DESCANSA

3ª xornada 8-11-09

Burela FS-Puerto Celeiro

4ª xornada 15-11-09

Prone Lugo AD-Burela FS

5ª xornada 22-11-09

Burela FS-Coruxo FC

6ª xornada 29-11-09

Burela FS-Autos Lobelle FS

7ª xornada 6-12-09

Burela FS-DESCANSA

8ª xornada 8-12-09

Puerto Celeiro-Burela FS

9ª xornada 13-12-09

Burela FS-Prone Lugo AD

10ª xornada 20-12-09

Coruxo FC- Burela FS

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores