Noticias
22 de outubro de 2009
Tiro de saída para a canteira laranxa

Tres dos equipos da base burelista comezarán esta fin de semana as súas respectivas competicións; serán os xuvenís, en liga nacional, e os cadetes mailos infantís en autonómica.

Ao conxunto xuvenil tocaralle empezar como visitante en Santiago de Compostela, fronte ao Autos Lobelle FS; o encontro está previsto para o domingo 25, ás 12.00 horas, no pavillón de Restollal.

Os cadetes, pola súa banda, arrincarán como locais; o domingo recibirán ao Cidade de Narón, ás 11.00 horas, no pavillón dos Castros.

Os infantís, que deberían medirse ao Carballiño, non viaxarán a terras ourensás pola imposibilidade do equipo rival para disputar o partido.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores