Noticias
24 de outubro de 2009
O Burela sitúase como líder logo de vencer ao Illescas por 1-2

Un sensacional gol de Revilla propiciou a vitoria do Burela FS ante o Illescas (1-2) polo que os laranxas se deitan como líderes da División de Prata, a expensas do duelo entre o Gijón-El Llano e o Valverde que se disputa mañá ás 12:00 horas.

Do mesmo xeito que outros encontros como visitante, os burelenses ofreceron a súa mellor cara no segundo período xa que o primeiro acto se caracterizou polas imprecisións e a escaseza de oportunidades por ambos os conxuntos. Ao descanso chegouse co marcador inicial e na continuación serían os locais quen golpearon primeiro, Cholo aproveitou un rexeitamento na área para bater de cabeza a meta defendida por Edu. O 1-0 resultou un espellismo xa que o Burela tiña a iniciativa no xogo e estaba xerando ocasións.

O bo xogo dos de Suso Rey empezou a recoller os seus froitos co tanto do empate, Purao apareceu no segundo pau e aproveitou unha boa asistencia de Juanpe. O gol do triunfo burelense foi obra de Revilla que sorprendeu a Manel cun disparo afastado para establecer o 1-2 final.  

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores