Noticias
26 de outubro de 2009
Xa está dispoñible a Guía de Fútbol Sala 2009-10

A Guía Oficial de Fútbol Sala da tempada 2009-10 xa está ao alcance de todos os afeccionados e afeccionadas a través de Internet. A páxina web da Liga Nacional de Fútbol Sala, www.lnfs.es, pon á disposición de todos os usuarios/as as edicións en formato dixital e PDF desta publicación que edita a asociación, na que se poden consultar todos os datos actualizados e oficiais dos equipos da División de Honra e Prata e coñecer toda a información dos seus ídolos.

Así mesmo, mediante esta ferramenta, os seguidores deste deporte poden acceder aos calendarios previstos para a presente campaña, informarse sobre todas as competicións oficiais tanto a nivel nacional coma internacional e coñecer todo o acontencido no fútbol sala durante o pasado curso, a través de noticias, entrevistas e reportaxes.

[+ inf. en LNFS]

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores